domingo, 2 de marzo de 2008

Valoración Wally Street, Compostela (Alba Blanco Calviño)

-Contido: a páxina caracterízase por ofrecer abundante información interesante, curiosa, divertida e que posiblemente ignorábamos sobre unha cidade que todos coñecemos. Destaca a presencia do "pelegrín" na cabeceira, todo un símbolo desta cidade.
-Cor e tipografía: acordes coa páxina, ó ser escuros danlle un aspecto sobrio.
-Estructura e navegación: é unha páxina na que é bastante doado recorrela para ver os diferentes contidos debido a que sempre aparece un menú á esquerda e nalgunhas ocasións tamén arriba, estando presentes os distintos apartados.
-Aspectos positivos: a gran cantidade de contidos diversos que aporta dende un punto de vista diferente dunha cidade que todos percorremos tódolos días. Vése que tiveron que buscar moita información. Os vídeos fan á páxina máis amena e entretida.
-Aspectos negativos: nos textos longos a barra de desprazamento vai moi lenta por momentos.
-Nota global: 9.5