Saul Bass foi un dos grandes no deseño gráfico aínda que a labro que o deu a coñecer foi o cinema. Traballou con Moholy-Nagy no estilo Bauhaus, pero tamén se achegou ó constructivismo ruso durante a súa formación en Europa.
En EE.UU. traballou como deseñador gráfico de forma independente ata que Preminger lle encargou o póster da película Carmen Jones e os títulos tamén. A súa carreira neste mundo seguiu co deseño de títulos de crédito das películas The Big Knife de Robert Aldrich, The Seven Year Itch de Billy Wilder, Vértigo de Alfred Hitchcock, Anatomy of a Murder de Otto Preminger, entre outras.
Colaborou con Alfred Hitchcock en algunha ocasión sendo a máis comentada a súa colaboración na escena da ducha en Psicosis, da cal se di que él foi o responsable do story board, aínda que Hitchcock nunca o recoñeceu. Despois dirixiu varias curtametraxes e realizou unha película como director en 1974 (Phase IV), para volver traballar, máis tarde, como deseñador gráfico comercial: United Airlines, Minolta, Bell, Warner Communications... Na década dos 90 colaborou con Martin Scorsese en El Cabo del Miedo, La edad de la inocencia e Casino.
Comentario
A súa labor cos títulos de crédito foi notable e brillante converténdoos en toda unha arte. No exemplo de Anatomy of a Murder constitúen a creación dun traballo de deseño á marxe da película e que mostra a creatividade de Saul Bass. Neste traballo tamén destaca certa iniciación de Saul Bass na animación, no que á composición dos títulos se refire.
Ademais do seu traballo cos títulos de crédito tamén foi importante na súa labor de deseñador de carteis de películas como Carmen Jones, así como de pósters: o dos Xogos Olímpicos de Los Ángeles 1984.
No hay comentarios:
Publicar un comentario