Xa que pensei que había que puntuar as páxinas por apartados agora vouno facer de maneira global. Disculpas.
IMARGÍNATE: 8.5
THE SICK ROOM: 8.5
UNIVERSO SAP: 8
OS FEITIZOS DA MEIGA: 9
DIVISIÓN PAQUITO: 9
ELLA TV: 8
GELATINA: 8
NICOTINA NO CONDÓN: 8
TUNIC_A_REVISTA: 9.5
O SACHO (AUTOCRÍTICA): 8.5
NUESTROS 90: 9
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Tamén neste caso houbo traballo e cando apunto este aspecto nas distintas bitácora é porque eu vin a continuidade do esforzo e a procura de solucións.
A iconografía (quizáis os iconos son un tanto grandes en proporción ao espazo de traballo) e as cores confírenlle unha identidade propia. A estética da páxina e a composición son agradables. O contido e o número de páxinas é bastante considerable. Hai elementos dinámicos como o visor de imaxes, vídeos e audios (nas pistas das adiviñas. Os xogos despléganse en ventanas novas, favorecendo a súa visualización e emprego. O sistema de pistas das adiviñas e o mecanismo e resolución dos xogos son axeitados e doados de usar. A navegación é fluída e pódese volver á páxina de inicio dende calquera das outras. Sen embargo, cando estás dentro dalgún bloque do apartado temático hai que lembar onde estás para continuar percorrendo. Non hai fluidez de navegación entre as distintas opcións temáticas así como dentro do apartado de calendario. O usuario debe ter toda a libertade dentro evidentemente das opcións que lle facilitamos, e esas opcións deben estar sempre presentes. O de volver ao menú, volver atrás ou adiante non son estratexias axeitadas para a autonomía do usuario do sitio.
o vídeo de futurama non vai, ¿que relación teñen esas películas co contido do sitio?
Todas as páxinas se identifican por O Sacho, pero nalgús casos temos o título específico de cada apartado e noutros só aparece o nome do sitio. En xogos, falta unha imaxe. As maiúsculas é mellor non usalas, lembrade que segundo o código non escrito da Web berran e non aportan información. Os títulos en minúsculas son máis flexibles e precisos. Faltan as etiquetas meta.
mol
En canto a bitácora, sí hai aportacións propias sobre Tron, Duck Amuk e sobre o bó e o mal deseño de obxectos, productos ou servizos. Faltarían comentarios sobre Becker e Saul Bass
mol
Está xa en funcionamento a páxina Wally Street Compostela e espera tamén unha valoración.
grazas. mol
Publicar un comentario