miércoles, 27 de febrero de 2008

A última valoración: Wally Street, Compostela

Wally Street, Compostela
-Aspectos positivos: a estética e o contido desta páxina constitúen un bo "equipo" porque aporta información e contidos interesantes sobre Compostela e o Camiño de Santiago cun deseño atractivo. Ademais conta con numerosos recursos multimedia.
-Aspectos negativos: o trailer é algo longo
-Contido: interesante e extenso. Detrás desta páxina hai moito traballo!
-Tipografía e cor: a tipografía e a cor forman parte do deseño desta web con personalidade. O texto é lexible e as cores están ben empregadas.
-Estructura e navegación: o menú á esquerda facilita o movemento pola páxina que se complementa co menú que aparece en ocasións á dereita ou arriba. Por outra banda, é algo complicado buscar o que interesa polos numeros contidos.
-Valoración persoal: 9

M. Teresa

martes, 26 de febrero de 2008

Saul Bass

Saul Bass
Saul Bass foi un dos grandes no deseño gráfico aínda que a labro que o deu a coñecer foi o cinema. Traballou con Moholy-Nagy no estilo Bauhaus, pero tamén se achegou ó constructivismo ruso durante a súa formación en Europa.
En EE.UU. traballou como deseñador gráfico de forma independente ata que Preminger lle encargou o póster da película Carmen Jones e os títulos tamén. A súa carreira neste mundo seguiu co deseño de títulos de crédito das películas The Big Knife de Robert Aldrich, The Seven Year Itch de Billy Wilder, Vértigo de Alfred Hitchcock, Anatomy of a Murder de Otto Preminger, entre outras.
Colaborou con Alfred Hitchcock en algunha ocasión sendo a máis comentada a súa colaboración na escena da ducha en Psicosis, da cal se di que él foi o responsable do story board, aínda que Hitchcock nunca o recoñeceu. Despois dirixiu varias curtametraxes e realizou unha película como director en 1974 (Phase IV), para volver traballar, máis tarde, como deseñador gráfico comercial: United Airlines, Minolta, Bell, Warner Communications... Na década dos 90 colaborou con Martin Scorsese en El Cabo del Miedo, La edad de la inocencia e Casino.
Comentario
A súa labor cos títulos de crédito foi notable e brillante converténdoos en toda unha arte. No exemplo de Anatomy of a Murder constitúen a creación dun traballo de deseño á marxe da película e que mostra a creatividade de Saul Bass. Neste traballo tamén destaca certa iniciación de Saul Bass na animación, no que á composición dos títulos se refire.
Ademais do seu traballo cos títulos de crédito tamén foi importante na súa labor de deseñador de carteis de películas como Carmen Jones, así como de pósters: o dos Xogos Olímpicos de Los Ángeles 1984.

Alan Becker


Alan Becker é un xenio da animación que xa gañou un premio á Mellor animación en Flash no ano 2006 con Animator vs. Animation. O seu traballo é realmente sorprendente porque fai que a animación empregue tódolos elementos ó seu alcance para loitar contra o animador a medida que este último tamén crea ferramentas que o axudan. Despois deste éxito realizou unha segunda parte coa mesma dinámica, onde ademais de empregar as opcións do programa Flash, tamén xoga cos elementos do escritorio. Gran manexo do programa e sorprendente resultado!!!

De certo modo, esta animación recorda á de Duck Amuck onde a animación tamén loitaba contra o animador que viña sendo Bugs Bunny e que cambiaba continuamente o decorado, a voz... para facerlle a vida imposible ó Pato Lucas.

miércoles, 20 de febrero de 2008

NOTA GLOBAL PÁXINAS (Alba Blanco Calviño)

Xa que pensei que había que puntuar as páxinas por apartados agora vouno facer de maneira global. Disculpas.

IMARGÍNATE: 8.5
THE SICK ROOM: 8.5
UNIVERSO SAP: 8
OS FEITIZOS DA MEIGA: 9
DIVISIÓN PAQUITO: 9
ELLA TV: 8
GELATINA: 8
NICOTINA NO CONDÓN: 8
TUNIC_A_REVISTA: 9.5
O SACHO (AUTOCRÍTICA): 8.5
NUESTROS 90: 9