martes, 29 de enero de 2008

VALORACIÓN PÁXINAS (Alba Blanco Calviño)

IMARGÍNATE
-Contido: é moi divertido e entretido, ofrecen gran cantidade de documentos nos que predomina o humor. 10
-Estructura: como unha mesma sección dá lugar a diferentes enlaces ás veces non sabes moi ben onde te atopas. 6
-Navegación: boa, xa que sempre están visibles o resto das seccións. 7.5
-Cor e tipografía: resultan acordes coa temática elixida presentando distintas cores de fondo segundo a sección. 9
Aspectos positivos: páxina moi elaborada, con gran diversidade de contidos, na que predominan os recursos visuais, facéndo ó espectador pasar un rato divertido.
Aspectos negativos: quizais a o plantexamento da estructura resulta algo complicada.

THE SICK ROOM
-Contido: está basado na interacción no usuario. A temática está acorde co que pretende transmitir a páxina, aínda que polo contido que ofrecen pode limitar ó usuario. 8
-Estructura: ten unha estructura sinxela, pero pode desesperar que tarde en verse o nome da sección ó pasar o rato. 7.5
-Navegación: resulta fácil, xa que as propias eleccións vante guiando cara ó final. 8.5
-Cor e tipografía: están en relación co tema que abordan, transmitindo o ambiente que pretenden. 10
Aspectos positivos: moi traballada e lograda, sobre todo a estética. Orixinalidade do tema.
Aspectos negativos: quizais a limitación en canto a público, que é restrinxido, e a utilización nalgunhas seccións do scroll.

UNIVERSO SAP
-Contido: cada personaxe ten o seu mundo e polo tanto non mostran unha temática común, o que se bota algo en falta. 8
-Estructura: cada universo está estructurado de forma sinxela e independente. 8
-Navegación: pode resultar algo complicada a veces, porque non hai un menú. 7.5
-Cor e tipografía: acorde según quen sexa o personaxe e a imaxe que quere dar. 9.5
Aspectos positivos: que reflexe os distintos universos e a estética empregada en cada un para diferencialos.
Aspectos negativos: quizais a falta dun menú e a falta dalgún contido común entre os universos.

OS FEITIZOS DA MEIGA
-Contido: é abundante, ben organizado, e preséntase de maneira orixinal. Está relacionado coa cultura galega, o que pode limitar un pouco o usuario. 9
-Estructura: é sinxela, o que facilita á navegación. 9.5
-Navegación: é sinxela debido á boa estructuración e a utilización dun menú. 8.5
-Cor e tipografía: penso que está acorde coa temática elixida. Resulta fácil a súa lectura. 8
Aspectos positivos: a gran cantidade de información que ofrecen e a orixinalidade do tema.
Aspectos negativos: quizais a temática limita un pouco o público.

DIVISIÓN PAQUITO
-Contido: teñen gran diversidade de contidos, abordando a vida completa dun personaxe. Empréganse numerosos vídeos para ilustralo. 9
-Estructura: o contido está ben organizado, permitindo saber o que vas ver en cada sección. 8.5
-Navegación: resulta doada grazas a que sempre está presente o menú. 9.5
-Cor e tipografía: penso que acertaron ben no seu uso, xa que é un tema un tanto peculiar para ilustralo. 8.5
Aspectos positivos: a orixinalidade do tema e a forma de abordalo. O gran emprego de vídeos.
Aspectos negativos: quizais a temática pode restrinxir ó público

ELLA TV
-Contido: presenta gran diversidade de contidos. É un tema orixinal, xa que recrea unha serie ficticia. 8
-Estructura: boa estructuración dos contidos, permitindo saber onde te encontras. 8.5
-Navegación: resulta bastante doado polo emprego dun menú. 8.5
-Cor e tipografía: penso que fixeron ben en que cada unha se identifique cun color e a tipografía empregada resulta lexible. 7.5
Aspectos positivos: tema orixinal e diferente. Gran cantidade de apartados relacionados coa serie.
Aspectos negativos: ó ser unha temática inventada pode que algún público non lle interese.

GELATINA
-Contido: orixinal e diferente. Céntrase nas coleccións, que sería o importante nunha páxina deste tipo. 8.5
-Estructura: boa organización dos contidos permitindo o acceso a tódalas seccións. 8.5
-Navegación: grazas ó emprego do menú e á boa estructuración. 8
-Cor e tipografía: contrasta algo un fondo moi apagado, que apenas se percibe, e logo as fotos tan coloridas. A tipografía penso que é acertada. 7
Aspectos positivos: penso que é unha páxina que está ben definida, porque se centra no catálogo e o resto serían aspectos de apoio.
Aspectos negativos: quizais o contraste do fondo coas fotos.

NICOTINA NO CONDÓN
-Contido: centrado nun grupo teatral, polo que é meramente informativo pero está ben abordado, destacando os aspectos máis importantes. 8.5
-Estructura: penso que está ben organizado, cunha estructura clara. 8
-Navegación: resulta doada, grazas ó emprego de botóns que permiten volver atrás. 8
-Cor e tipografía: é sobria, pero está en relación coa imaxe que queren transmitir, sendo unha páxina que informa acerca dunha compañía. 9
Aspectos positivos: penso que o contido está ben organizado e resulta moi claro.
Aspectos negativos: bótase en falta algunha mostra dos traballos mediante vídeo.

TUNIC_A_REVISTA
-Contido: presenta diversas seccións diferentes e recrea moi ben a forma de presentación das revistas. Penso que é moi acertada a estética visual empregada. 10
-Estructura: é sinxela, grazas á boa organización dos contidos en diferentes seccións. 9.5
-Navegación: resulta fácil moverse xa que sempre está presente o menú e posibilita acceder ás outras seccións sen ter que volver para atrás. 9.5
-Cor e tipografía: penso que son as adecuadas, transmitindo unha atmósfera de sofisticación e elegancia. 9.5
Aspectos positivos: a gran diversidade de temas tratados, e a presentación visual que ofrecen, moi acorde coa estética que pretenden transmitir.
Aspectos negativos: quizais o emprego da barra de desprazamento.


O SACHO (Autocrítica)
-Contido: penso que pese a ser un tema difícil de plasmar o resolvemos ben, polo gran emprego de imaxes que ilustran os refráns e a inclusión de actividades que fagan que o usuario non se aburra. 8.5
-Estructura: penso que o contido está ben organizado, o que permite que o usuario se ubique de forma rápida. 9
-Navegación: creo o feito de que sempre esté presente o menú facilita a navegación. 9
-Cor e tipografía: empregamos elementos que se relacionen coa paisaxe galega para que resulte fácil a identificación cun tema que é propio destas terras. 8.5
Aspectos positivos: a forma de abordar dende distintas perspectivas o mesmo tema.
Aspectos negativos: seguramente o tema pode non ser atractivo nun principio para moita xente. Está limitado ó ámbito galego. Pode parecer sobrio a veces.

NUESTROS 90
-Contido: gran diversidade de temas para ilustrar a caracterización dos anos noventa. Desenvolto de maneira divertida e orixinal. 9
-Estructura: a estructura é sinxela, grazas á boa estructuración dos contidos da web. 9.5
-Navegación: resulta doada, xa que o menú sempre está visible. 8.5
-Cor e tipografía: creo que son os idóneos xa que o seu obxectivo é representar a década dos noventa que corresonde coa nosa infancia, de ahí que utilicen debuxos e moitas cores. 9
Aspectos positivos: a estética da áxina, moi acorde cos contidos que nos ofrecen.
Aspectos negativos: quizais limite algo o usuario e a algunha xente non lle guste a estética.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Grazas Alba polo esforzo de revisión e valoración. E tamén pola autocrítica.
mol

Anónimo dijo...

A valoración numérica era global, non por cada apartado. Síntoo, pero é como si non o fixeras.
mol

Anónimo dijo...

moi ben feito, eres xenial
m.c.b.(brandomes)

Anónimo dijo...

moi ben feito, eres xenial
m.c.b.(brandomes)