O SACHO é unha páxina que costounos moitísimo esforzo levar adiante. A nosa intención era crear unha páxina sobre o refraneiro galego máis atractiva cas xa existentes, con máis contidos e máis posibilidade de intervir por parte dos usuarios, e penso que en parte o conseguimos. Xogou na nosa contra o tempo, a inexperiencia e a falta de cohesión dentro do grupo, coma supoño lle pasaría a case todos os compañeiros.
Está claro que é un traballo moi mellorable, coa inclusión de máis contido, o afinamento da estética (por falta de tempo moitos botóns e imaxes non están traballadas todo o que quixeramos) e a posta en marcha do foro para facer aos internautas partícipes da evolución da páxina.
Na miña opinión persoal, o peor de toda a páxina é o sistema de ventás que se pechan premendo nunha x. Coma xa comentou alguén noutra bitácora, estas ventás deberían pecharse ao retirar o rato da ligazón, e esa era a primeira intención, pero foi imposible programar ese comportamento de maneira eficaz debido á forma dos botóns, e tamén polo contido pareceunos que era máis práctico que a ventá permanecera aberta para que o usuario tivera a opción de copiar e pegar o texto do documento.
Tamén por falta de tempo tivemos que desbotar ideas coma a de facer os nosos propios vídeos, ou facer unha escolla de refráns e clasificalos por zonas xeográficas. A soa recopilación dos refráns empregados xa nos ocupou semanas, e outras tantas semanas estivemos pelexando co Dreamweaver, co que finalmente non tivemos tempo para dedicarlle a eses contidos máis accesorios.
Do que si estou segura é de que conseguimos facer dun tema aburrido en principio algo máis interesante, e que a estética da páxina é axeitada e está moi traballada.
1 comentario:
Síntoo, pero non sei quen é IRETH.
mol
Publicar un comentario