viernes, 14 de diciembre de 2007

Deseño por aquí, tripiripipí

Bueno, ocurréuseme que xa era hora de plasmar un pouco o que considero un bo ou un mal deseño.
En primeiro lugar vou a poñer un exemplo do que me parece unha páxina web cun deseño interesante: http://www.queridoantonio.com/ . Esta é unha páxina web altamente recomendable polo contido que mostra ( os cortos do autor) e ademáis, en canto a deseño me parece interesante por orixinal e clara. Moitas veces as cousas que se levan dunha forma sinxela resultan ser as máis eficaces , e aquí temos un grato exemplo. Independentemente de que vos gusten ou non os seus traballos, votádelle un ollo á páxina que non ten perda.

Falando máis en xeral, vou a referirme a dous obxectos que considero ben deseñados por cómodos e útiles. Un destes obxectos e a coñecida " riñonera", este obxecto arredado da man de deus e dos homes polas despiadas modas, pero que tivo o seu momento de gloria alá polos 80 e 90, cando a xente era máis cabal e dende logo, cun mellor sentido estético. Sen dúbida, deberíamos reivindicar encarecidamente unha volta deste obxecto imprescindible, ¿ qué é iso de bolsos pegados debaixo da correspondente axila da fémina, no canto dunha riñoneira ben aferrada e asegurada onde gardar todos os correspondentes útiles de guerra? Non ten parangón.

Outro obxecto que considero digno de reivindicación son os mandos das Nintendo, sobre todo da Nintendo 64, inda que o da Gamecube é similar. Dende logo son moito máis cómodos cos da Playstation, non aparecen callos e o joystick colabora na atmósfera de xogo. Pode parecer un comentario moi friki, pero realmente o mando da Nintendo 64 ( xa olvidada e pisoteada polas novas xeracións Wii) é un obxeto moi ben deseñado, sobre todo tendo en conta que esta constituído para usarse durantes horas e horas, e para crear un código mental de movementos involuntarios e mecánicos, que se consigue porque o seu diseño esta orientado e perfectamente deseñado. Bueno, para terminar, dicir que xa que temos uns compañeiros sumerxidos no universo friki, por favor, que fagan unha mención especial a esta maravillosa obra da mente humana, e a Super Mario Bros, que sempre residirá nos nosos corazóns.



Un bico amigos !

Por suposto acéptanse comentarios tanto a favor como en contra, etc etc.

lunes, 10 de diciembre de 2007

Percorrido pola cultura popular galega

Na terra dos cegos, o chosco é o rei

Na nosa viaxe polo mundo dos refráns galegos percatámonos dos espantosos deseños das páxinas web sobre o mesmo tema ca "nosa". Aínda que todos non son desastrosos axudáronnos a decidir sobre o que pretendemos introducir na nosa web: un deseño actual que permita achegar a cultura tradicional da nosa terra ós usuarios da rede da forma máis atractiva posible.

1.- Nesta páxina web de Valdeorras recollen refráns sobre a micoloxía. Toman as setas como tema dos seus refráns (e sen dicir nada sobre o tema escollido), pero o a súa presentación visual non é do máis acertada, non resulta nada atractiva para o posible usuario: fondo branco e cadros con fondos azuis "fosforito" que non resulta moi agradable e que fan desta páxina unha opción pouco aconsellable para tomar como referencia.
http://www.valdeorras.com/micologia/refrans.htm

2.- Pola contra, a web de Galicia Encantada, aínda que non trata especificamente sobre os refráns, pero si da cultura popular galega; presenta no fondo azul unha paisaxe dos bosques galegos que nos achega a Galicia. Ademais trátase dunha web con temas moi interesantes e que presenta unha estructura sinxela onde o contido está ben organizado.
3.- Tamén atopamos outra web que explica o significado de cada refrán, ademais de ilustralo cun debuxo simpático. Parécenos interesante o contido e a pesar de presentar un deseño sinxelo e cores nada chamativas resulta atractiva.

sábado, 8 de diciembre de 2007

Sobre Tron

Tron é unha película que xa cumpriu 25 anos, polo que non é de estrañar que estea un pouquiño desfasada tendo en conta como evolucionaron as tecnoloxías e a nosa concepción delas.

A primeira impresión é que peca de inxenua, cousa que non debería sorprender tendo en conta que é de Disney e probablemente estaba dirixida a un público infantil. A idea de que os programas informáticos sexan coma personaxiños coa cara dos seus programadores e pululen tan campantes polo sistema tomando decisións é insostible hoxe en día, por non falar de que unha persoa poida introducirse fisicamente (mediante a descomposición das súas moléculas ou algo así) dentro dun ordenador.

Pero é que hai que ver esta película inserida no seu contexto histórico, porque a principios dos anos oitenta a tecnoloxía loxicamente estaba moito menos desenvolvida que agora, e igual pasaba con todo o que tivese que ver con ela: informática, videoxogos, etc. Se a miramos con perspectiva, está claro que foi pioneira en moitos aspectos e introduce temas que hoxe en día aínda están en boga: o ciberespazo, os videoxogos, os hackers, a autoría e a piratería, o libre fluxo de información, a identidade virtual, a posibilidade de viaxar a un mundo alternativo (daquela aínda inexplorado)…

Poderíamos pensar que o filme é inxenuo porque este tipo de tecnoloxía daquela estaba, como quen di, en cueiros. En realidade xa levaba un bo anaco percorrido, pero é que vinte anos tecnolóxicos son moitísimos, e non só se notan na temática da peli, senón tamén nas técnicas empregadas para facer os efectos especiais. Despois de ver películas máis modernas, coma Matrix, Tron parece un xogo de nenos, pero en realidade foi un traballo inmenso e moi meticuloso; e ademais diso tamén hai que recoñecer que os creadores xeraron todo o universo de Tron sen ter ningún precedente nin referente visual máis que os videoxogos primitivos.

Leo en http://www.cinefantastico.com/nexus7/cine/peliculas/tron.htm, entre outras cousas, que o ordenador utilizado para crear os escenarios virtuais de Tron funcionaba con dous megabytes de memoria e dous discos duros de 80 megabytes cada un. Se temos en conta que hoxe en día calquera de nós adoitamos levar enriba un pen-drive que ten unha capacidade dun xiga en adiante e que colle na palma da nosa man… pois que máis hai que dicir. Que parece mentira que sacaran algo útil daquel cacharro.

Despois de todo ese traballo dixital, ademais do traballo manual (porque moitos dos efectos, como xa leriades noutras páxinas, foron feitos con técnicas ópticas tradicionais e moitos decorados foron pintados a man ou fotografados), a peli non só tivo pouco éxito nas salas, senón que aínda por riba (como tamén leriades por aí) non foi candidata ao Oscar polos mellores efectos especiais porque a academia considerou que facelos por ordenador era facer trampas. “Manda carallo”. Penso que isto é un sinal evidente de que estaban noutra época totalmente distinta á nosa.

Pese a todos os seus defectos, o que non se pode discutir é que Tron marcou un antes e un despois no cinema de animación e de ciencia-ficción, e aí radica o seu valor.

miércoles, 5 de diciembre de 2007

O aliño no pratiño

Anda que non fastidia cando botas aceite no prato e a consabida pinga escorrega por fóra do recipiente e fai un lamparón no mantel, para ledicia das nais e/ou avoas, que automaticamente comezan a berrar "o mantel limpo de hoxe", "mira que cho teño dito" e cousas así.

Pois con estas aceiteiras non pasa. Deberían substituír todas as aceiteiras do mundo por unhas deste tipo. Supoño que haberá deseños igualmente eficaces, pero eu non os coñezo. Dos que si hai a milleiros, e aínda en activo, son dos que funcionan mal, ou sexa, dos que están MAL DESEÑADOS, porque se o aceite esvara por fóra do bote no canto de ficar dentro...