En primeiro lugar vou a poñer un exemplo do que me parece unha páxina web cun deseño interesante: http://www.queridoantonio.com/ . Esta é unha páxina web altamente recomendable polo contido que mostra ( os cortos do autor) e ademáis, en canto a deseño me parece interesante por orixinal e clara. Moitas veces as cousas que se levan dunha forma sinxela resultan ser as máis eficaces , e aquí temos un grato exemplo. Independentemente de que vos gusten ou non os seus traballos, votádelle un ollo á páxina que non ten perda.
Falando máis en xeral, vou a referirme a dous obxectos que considero ben deseñados por cómodos e útiles. Un destes obxectos e a coñecida " riñonera", este obxecto arredado da man de deus e dos homes polas despiadas modas, pero que tivo o seu momento de gloria alá polos 80 e 90, cando a xente era máis cabal e dende logo, cun mellor sentido estético. Sen dúbida,
deberíamos reivindicar encarecidamente unha volta deste obxecto imprescindible, ¿ qué é iso de bolsos pegados debaixo da correspondente axila da fémina, no canto dunha riñoneira ben aferrada e asegurada onde gardar todos os correspondentes útiles de guerra? Non ten parangón.Outro obxecto que considero digno de reivindicación son os mandos das Nintendo, sobre todo da Nintendo 64, inda que o da Gamecube é similar. Dende logo son moito máis cómodos cos da Playstation, non aparecen callos e o joystick colabora na atmósfera de xogo. Pode parecer un comentario moi friki, pero realmente o mando da Nintendo 64 ( xa olvidada e pisoteada polas novas xeracións Wii) é un obxeto moi ben deseñado, sobre todo tendo en conta que esta constituído para usarse durantes horas e horas, e para crear un código mental de movementos involuntarios e mecánicos, que se consigue porque o seu diseño esta orientado e perfectamente deseñado. Bueno, para terminar, dicir que xa que temos uns compañeiros sumerxidos no universo friki, por favor, que fagan unha mención especial a esta maravillosa obra da mente humana, e a Super Mario Bros, que sempre residirá nos nosos corazóns.

Un bico amigos !
Por suposto acéptanse comentarios tanto a favor como en contra, etc etc.

